Recursos de Asociación Lar Pro Salud Mental

Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental

Publicado: 23 de septiembre de 2024, 14:49
  1. Noticias
  2. Programas
Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental

Este pasado venres día 20 de setembro, un total de 55 persoas usuarias e traballadoras da Asociación LAR Pro Saúde Mental participaron no Programa “+ Convivencia / Ponte a Lecer”, subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

Para comezar, asistiron a unha visita guiada ó Pazo de Lourizán e ao Xardín Botánico de Lourizán, situado nunha ladeira aberta á ría de Pontevedra e o cal foi creado no ano 1949 baixo a denominación de “Arboreto”, cun obxectivo de investigación e experimentación, e cuio exemplar máis antigo do xardín ten algo máis de 200 anos e corresponde a un carballo, de orixe natural, entre outros exemplares que teñen polo menos 120 anos de idade. Os compoñentes destacados do Xardín Botánico son o pazo, o invernadoiro e os xardíns construidos por Montero Ríos entre finais do século XIX e principios do XX.

Por outro lado, a segunda visita realizada nesta xornada foi á Granxa de Briz, tamén coñecida como Finca de Briz ou Parque dos Sentidos. Este parque está situado no concello de Marín e conta cunha zona de aventura para os máis cativos, unha lagoa natural e outra artificial, e infinidade de árbores, especies autóctonas e viñas. A ciencia non se olvida neste máxico lugar, e conta tamén cun “Tornillo de Arquímedes”, nada máis entrar co cal os usuarios poideron comprobar a súa utilidade.

Despois das visitas e dos paseos, poidemos disfrutar dun xantar máis que merecido nun dos locais con maior reputación da parroquia de Cantodearea, no municipio de Marín, cun ambiente acolledor e unha sobremesa moi animada.  

Queremos agradecer novamente á Deputación de Pontevedra, pola súa axuda e atención a nosa Entidade e labor, así como polos agasallos entregados ás persoas participantes. ¡Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora!

Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 1Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 2Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 3Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 4Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 5Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 6Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 7Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 8Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 9Programa +Convivencia "PONTE A LECER" - Asociación LAR Pro Salud Mental - Imagen 10

Noticias relacionadas

Gol al Estigma sale a la calle en Vilagarcía 3 jul

Gol al Estigma sale a la calle en Vilagarcía

Ayer Noticias
Continuamos con el programa "Gol al Estigma", y esta vez salimos a la calle con unas iniciativas muy especiales: "Canastras contra os estigmas" y "Atletismo, lanzamentos". Con una acción simbólica que consistió en instalar una canasta en pleno centro urbano, desde la Asociación LAR Pro Salud
LAR en Clasclas 26 jun

LAR en Clasclas

26/06/2025 Noticias
Un año más, desde Lar Pro Salud Mental tuvimos el honor de ser invitados a este evento tan inspirador, que ya es una cita fija en nuestro calendario. El pasado lunes 23 de junio, nos sumamos a una jornada donde la música, la emoción y la inclusión se dieron la mano en un entorno mágico.   Clasclas
La enfermedad mental no te hace diferente: LAR en Radio Enworking 11 jun

La enfermedad mental no te hace diferente: LAR en Radio Enworking

11/06/2025 Noticias
  Bajo el lema "La enfermedad mental no te hace diferente", LAR Pro Salud Mental participará en el próximo episodio de Radio Enworking. Un espacio para visibilizar, sensibilizar y romper estigmas en torno a la salud mental.   ¡Te esperamos para reflexionar y construir una sociedad más inclusiva! 
Día Mundial da Esquizofrenia 24 may

Día Mundial da Esquizofrenia

24/05/2025 Noticias
A esquizofrenia non é sinónimo de perigo nin de soidade.Informármonos é o primeiro paso para rachar co estigma e acompañar con empatía. ?? Descubre nesta infografía os síntomas, tratamentos e mitos máis comúns. #Esquizofrenia #SaúdeMental #SenEstigmas #24DeMaio #LARProSaludMental